DeportesEn portadaMontañismoÚltima hora

Desfrutando do espectáculo do ceo nocturno en Trevinca, o teito de Galicia

O Club Montañas de Trevinca organizaba na noite do 18 ao 19 de xullo a actividade "Os ceos de Trevinca"

 

Unha vintena de persoas (entre participantes e organizadores) realizaban na noite do 18 ao 19 de xullo a actividade formativa e deportiva de alta montaña “Os ceos de Trevinca”, promovida polo Club Montañas de Trevinca.

A marcha partía da aldea de Vilanova de Trevinca (A Veiga) ás 16:00 h do 18 de xullo, pasando por Pico Maluro e Crestón do Lombo do Rocín ata chegar a Pena Trevinca (2.127 m.) arredor das 20:30h.

Esta iniciativa permitía desfrutar, dende o teito galego, dun espectcular ceo nocturno co engadido, nesta ocasión, do cometa C/2020 F3 (Neowise), que durante estes días de xullo pode observarse a simple vista.

 

 

A proposta incluía ademais a oportunidade de ver o mencer nas lagoas glaciares de Piatorta, que é o “momento más apropiado para que os afeccionados aos cabalos do demo e bolboretas as poidan fotografar no seu medio natural”, segundo os organizadores.

Así a marcha pasaba polas Lagoas de Piatorta, Lagoa de A Serpe e Ponte, onde se concluía cunha visita ao Centro da Montaña de Trevinca.

Fotos cedidas polos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button