CarballedaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Desfrutando dun espectacular día de neve en Trevinca

Numerosas persoas achegábanse ata a zona de Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) para practicar deporte

 

As nevadas e o frío co que se estreaba este 2021 deixaban a súa impronta branca nas montañas ourensás. Con esa fermosa estampa invernal seguía lucindo a zona de Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras). Numerosas persoas de diferentes idades achegábanse ata esa parte do Macizo de Trevinca nunha xornada na que ademais acompañaba o sol.

 

 

Había quen aproveitaba para andar con raquetas de neve, para facer esquí de travesía, para xogar co trineo ou mesmo para facer voar un papaventos. Estes visitantes comentaban que botaban de menos ter un lugar onde poder tomar habitualmente un café en Fonte da Cova.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close