En portadaÚltima hora

Desprendementos e caída de árbores, entre as numerosas incidencias do temporal en Trives

A chuvia e o forte vento tamén están a causar multitude de incidencias no municipio da Pobra de Trives. Así, entre onte e hoxe os voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives atendían varias saídas por atasco de sumidoiros no casco urbano trivés, así como dous desprendementos de terra: un na estrada OU-636 na coñecida ocmo “curva do espello”, e outro na estrada OU-0701 Que une Trives con Manzaneda.

Tamén retiraban tres árbores caídas, as tres na estrada OU-0702 en distintos puntos quilométricos, ademais de realizar a retirada de contedores movidos e tirados polo vento, entre outras incidencias.

Por outra banda, no veciño concello de San Xoán de Río tamén se rexistraban nesta tarde incidencias como caídas de árbores e fallos no alumeado público.

Fotos: Protección Civil da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button