ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Despréndese unha das esquinas do “falso teito” da Igrexa de Santa Rita, no Barco

Os feitos acontecían na tarde do 22 de decembro e ao día seguinte xa procedían ao seu arranxo

 

Non foi un efecto directo da borrasca que deixou numerosas incidencias por toda a provincia na fin de semana, pero si un dano colateral. Na tarde do 22 de decembro, caía ao chan unha parte do “falso teito” da Igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras.

Non houbo  que lamentar danos persoais pero o susto foi considerable xa que nese momento saía a xente despois dun oficio relixioso, sen que ninguén resultase ferido. Así o explica o párroco, Tomás Rodríguez, engadindo que o accidente prodúxose por culpa da auga. “Como a torre é tan alta, está chea de fiestras para que non se mova co aire pero iso ten un inconvinte e é que se filtra a auga e iso foi precisamente o que pasou. Ao chover tanto, as planchas de escaiola coas que está feito o “falso teito” fóronse mollando e co peso, acabaron cedendo e caendo”.

A zona afectada é nunha das esquinas do templo xunto á entrada da esquerda, moi preto da porta e ao día seguinte dos feitos xa a estaban arranxando.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button