OurenseÚltima hora

Destacada actuación do Sincro Ourense no campionato galego de verán de natación artística

As ourensás lograban o trofeo ao mellor club logo de facerse con varios podios, tanto a nivel individual como en dúos e combos

 

Cun bo traballo e mellores resultados remataba o Sincro Ourense unha intensa fin de semana de natación artística a nivel galego, logrando o trofeo ao mellor club no campionato galego de verán de natación artística celebrado na Piscina Rosario Dueñas de Ourense, no que destacou o papel dos equipos alevín, infantil e júnior, así como do corpo técnico.

O sábado pola mañá era a quenda para as probas de figuras alevín, onde destacan o primeiro e segundo posto de Carmen Reboredo e Martina A. Queija. Mar Rodríguez, era cuarta; Paola Bobillo (primeira do 2011) era quinta; e Laura Araújo (primeira de 2012) era décima. Fóra do top ten quedaban Enara Álvarez, 13; Adelaida Gómez, 15; Candela Corrochano, 17; Irene Álvarez, 22; Matilda Nieves, 23; Laia Vilachá, 26; e Naia M. Canle, 39. Nas probas de figuras para a categoría infantil, destacan o segundo e terceiro posto de Iria Fernández e Antía Blanco para o Sincro Ourense. Estela L. Ojea Vázquez era quinta; e Cristal D. Mota, oitava. Fóra do top 10 quedaban Alejandra Baliñas, 12;  Paula Moure, 13; e Dulce Romero, 14.

 

 

Na xornada do sábado pola tarde eran as competicións de rutinas onde o Sincro Ourense destacou de entre os seus dignos rivais. O dúo alevín formado por Martina A. Queija e Carmen Reboredo (reserva Mar Rodríguez) conseguía o primeiro posto no podio. A mesma posición lograba o equipo alevín formado por Martina A. Queija, Carmen Reboredo, Mar Rodríguez, Naia M. Canal, Paola Bobillo, Enara Álvarez, Adelaida R. Gómez, Laura Araújo, Laia Vilachá (reserva) e Matilda Nieves (reserva) que tamén subía ao pimeiro chanzo do podio.  Outro podio lograba dúo infantil de Iria Fernández e Estela L. Ojea (reserva Antía Blanco) que subía ao primeiro posto. E tamén o equipo infantil de Estela L. Ojea, Iria Fernández, Antía Blanco, Cristal D. Mota, Paula Moure, Dulce Romero e Alejandra Baliñas lograba o número un. O só técnico de Antía Touriño lograba o terceiro posto.

E xa na xornada do domingo, o primeiro posto en alevín era para o combo que defenderon Martina A. Queija, Carmen Reboredo, Mar Rodríguez, Naia M. Canal, Paola Bobillo, Enara Álvarez, Adelaida R. Gómez, Laura Araújo, Laia Vilachá, Matilda Nieves, Irene Álvarez e Candela Corrochano. A primeira posición en infantil era para o combo formado por Estela L. Ojea, Iria Fernández, Antía Blanco, Cristal D. Mota, Paula Moure, Dulce Romero e Alejandra Baliñas.

O dúo técnico de Antía Touriño e Eva Rodríguez (reserva Elia Rodríguez) levaba o segundo posto; o mesmo que o highlight júnior de Erea Lamas, Antía Touriño, Sarah Sánchez, Eva Rodríguez, Estela L. Ojea, Iria Fernández, Antía Blanco, Cristal D. Mota, Paula Moure e Elia Rodríguez (reserva) que era primeiro en equipo libre.

Artigos relacionados

Back to top button