DeportesÚltima hora

Destacada actuación dos atletas triveses nun control de marcas en Lugo

Publicidade

 

Os atletas das Escolas Deportivas de Trives volvían competir nesta fin de semana, pero desta volta facíano este domingo no Control de Marcas Marineda Atlético -ADAS Cupa – Riazor Coruña que se celebraba en Lugo.

Os resultados dos representantes triveses, que compite como filiais do Club Adas do Barco son os seguinte:

500m Sub-14.
Paulo Efrén Martínez. Marca: 1:41’5.
60m Sub-12.
Antón Prieto Cortizo. Marca: 9’81.
Lonxitude. Marca:3’38.
Peso Sub-12.
Aitana Pérez Álvarez. Marca: 4’44.
Lonxitude. Marca: 2’65.
50m Sub-10 .
Inés Fernández Fernández. Marca: 9’44.
500m. Marca: 2:15’9.
Alejandra Prieto Fernández. 50m. Marca: 9’64.
500m. Marca: 2:08’4
Itziar Cid Cecilia. 500 m. Marca: 1:57’3.
Unai Castro Méndez. 500 m. Marca: 1:54’3.
Iago García Alonso.500 m. Marca: 1:50’3.

O adestrador das Escolas Deportivas Trivesas, Tino Sierra, amosa a súa satisfacción pola competición realizada polos alumnos. “Estou orgulloso de estos nen@s que nunca fallan, sexa na Rúa, O Barco, Ourense ou Lugo. A pesar de que hai que madrugar moito para ir as probas os nenos sempre van contentos, e que vou dicir dos país e mais, son increíbles!!”, asegura.

Sierra destaca nesta xornada de domingo de xeito especial a Paulo Efrén Martínez Villarino “pola súa gran carreira e 500 m Sub14, espectacular”, conclúe.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button