DeportesÚltima hora

Destacada actuación dos orientadores do Peña Trevinca Barco na liga galega a pé

Sumaban dous primeiros postos, tres segundos e dous terceiros na 5ª proba celebrada en Forgoselo (A Coruña)

 

Continúan os bos resultados para a sección de orientación do Club Peña Trevinca Barco. Un día antes de organizar en casa a 2ª proba da IV Copa Deputación, varios membros do club participaban na 5ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé, celebrada o 14 de setembro no mapa de Forgoselo (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña).

Trátase dun dos mapas de maior dificultade técnica que existen en Galicia, “feito que se viu reflectivo nunha maior proporción de abandonos con respecto a outras carreiras de la liga”, explican dende o club barquense, satisfeito coas actuacións destacadas dos seus orientadores, “sobre todo en categorías de formación” acadando varios postos de honra: Mailén Aller Pfirter era 1ª en F-12; Juan Pablo Agudo Calvelo, 2° en M-14; Iago Trigo Vázquez, 3° en M-16; e Xan Trigo Recarey, 2° en M-50.

E iniciación curta, Olalla Vázquez Martínez, era primeira; Ariadna Conde Vázquez, segunda; e Marta Agudo Calvelo, terceira.

A seguinte proba celebrarase o sábado 5 de outubro en Rairiz de Veiga (Ourense), organizada polo Club Limiactiva.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button