DeportesÚltima hora

Destacado papel dos atletas triveses no galego de clubs base, no Barco

 

No X Campionato de Galicia de Clubs nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14 os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que vestían camiseta do Club Adas Cupa facían unha destacada aportación.

Así, o equipo Sub10 feminino, no que competía Itziar Cid Cecilia, facíase co título galego, mentres que o Sub-10, no que estaba Nicolás Eduard Lascu e Nicolás Conde Nogueira, lograba a prata.

Ademais, dentro do equipo Sub12 do Adas, que se proclamaba campión galego, estaban José Hervella Álvarez (de Manzaneda), Antón Prieto Cortizo e Martín Rodríguez González. E xa no equipo Sub14, tamén campión galego, estaba Marcos Basalo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button