DeportesÚltima hora

Destinan 125.000 euros ao patrocinio de seis equipos ourensáns

A Secretaría Xeral para o Deporte asina os convenios necesarios para este investimento que se enmarca no Plan de Patrocinio
Seis equipos de Ourense disfrutarán na vindeira tempada destes patrocinios.
Seis equipos de Ourense disfrutarán na vindeira tempada destes patrocinios.

O deporte de alta competición ourensán recibirá máis de 125.000 euros en concepto de patrocinio. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Silvia Dorado, e polo director da zona de Ourense centro de Abanca, Carlos Díez, formalizou no día de hoxe seis convenios do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia de cara a tempada 2015.2016.

Os equipos que se verán beneficiados por este investimento son o Club Ourense Balncesto, S.A.D. (baloncesto), con 41.765,46 euros; o Pabellón Ourense Club de Fútbol (fútbol), con 9.173,63 euros; o Ourense C.F. S.A.D. xuvenil (fútbol), con 6.974,90 euros; o Ourense C.F. S.A.D. (fútbol sala), con 35.344,80 euros; o Cidade de As Burgas Fútbol Sala (fútbol sala), con 27.932,54 euros; e o Club Halterofilia Pabellón (halterofilia), con 3.874,73 euros. Dos mencionados, cabe destacar que só dous son da categoría feminina.

Ao igual que na tempada anterior, o plan ten como patrocinador oficial a Abanca, que achega 726.000 euros dos 2,4 millóns que se destina ao patrocinio do deporte a nivel autonómico.

Artigos relacionados

Back to top button