Concellos

Destinan 134.000 euros ao abastecemento nas Estivadas de Cualedro

Froito do acordo entre o concello e a Consellería de Medio Ambiente
A conselleira, reunida co alcalde de Cualedro na mañá do 12 de maio.
A conselleira, reunida co alcalde de Cualedro na mañá do 12 de maio.

As melloras no abastecemento de auga nas Estivadas, no Concello de Cualedro, xa teñen partida. Así se deduce tras o anuncio realizado pola Xunta de que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 134.000 euros nesta actuación. Foi o resultado do acordo suscrito entre a titular deste departamento, Beatriz Mato, e o alcalde do municipio ourensán, Luciano Rivero.

Esta mañá, 12 de maio, o rexedor achegouse até a sede do departamento do goberno autonómico, en Santiago de Compostela, para manter unha reunión de traballo con Mato e concretar máis detalles.

Actualmente, o núcleo das Estivadas abastécese unicamente da auga que provén dun bombeo dun pozo profundo. Ademais, a distribución realízase mediante conducións antigas. Para solventalo, o proxecto define unha nova captación de auga e unha condución en tubaxe de polietileno ata o depósito das Estivadas, co que se prevé solucionar o problema de subministro de auga.

Artigos relacionados

Back to top button