CulturaCulturaÚltima hora

Desvélase o xurado do III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

 

A organización do III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán vén de facer públicos os nomes das persoas que integrarán o seu xurado nesta edición. “Como todos os anos sentímonos moi afortunados por poder contar con estes representantes da literatura e cultura galega”, sinalan os promotores do galardón.

Así os integrantes do xurado son:
Raúl Gómez Pato, o gañador da II edición do Premio.
Xurxo Souto, cantante, xornalista e escritor.
Inma López Silva, escritora e filóloga.
Ledicias Costas, a grande escritora da literatura infantil e xuvenil.
Rosa Enríquez, poeta e filóloga representando as letras da comarca de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button