OurenseÚltima hora

Desvíos de tráfico na A-52, ao seu paso pola Mezquita e A Gudiña, por obras de rehabilitación no firme

Terán lugar do 12 ao 15 de setembro entre os puntos quilométricos 132 e 125 na provincia de Ourense

 

Dende o Ministerio de Fomento veñen de retomarse na xornada do 12 de setembro os traballos de rehabilitación do firme na autovía A-52 na provincia de Ourense, en concreto nos concellos da Mezquita e da Gudiña, o que supón “a implantación de novos desvíos de tráfico”, segundo se informa dende a Administración.

As obras estanse a realizar entre os p.k. 132 ao 125 (sentido Madrid). “Para a realización dos traballos nas debidas condicións de seguridade para o tráfico, faise necesario realizar un corte total da circulación na calzada afectada plas obras (sentido Madrid). O tráfico da A-52 se desviará a través da estrada N-525. Os desvíos estarán debidamente sinalizados”, tal e como se informa dende Fomento.

Artigos relacionados

Back to top button