OurenseÚltima hora

Desvíos de tráfico na rúa Marcelo Macías de Ourense a partir de mañá por mor de obras no firme

A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil

A execución de obras no firme da rúa Marcelo Macías de Ourense fará necesaria a realización de desvíos da circulación a partir de mañá, mércores 19 de agosto, consensuados previamente coa Policía Local e o persoal da Concellería de Tráfico do Concello de Ourense.

 

 

Mentres se acometan as actuacións, as cales teñen un prazo de 12 meses, manterase o sentido de entrada á cidade e desvíase o tráfico de saída no primeiro treito da rúa Marcelo Macías, que dispón de tres carrís. Así, continuarán en servizo dous carrís para os dous sentidos e restrinxirase o outro carril como zona de traballo.

Así, os vehículos lixeiros desviaranse por unha vía paralela e os autobuses disporán doutra alternativa sinalizada coa fin de facilitarlles as manobras correspondentes.

 

 

A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, se renovarán as redes de abastecemento, saneamento e as de alumeado.

Ademais a actuación inclúe o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación específica.

Artigos relacionados

Back to top button