En portadaSanidadeÚltima hora

Un caso de coronavirus no Bierzo

O paciente foi ingresado na UCI do Hospital ao presentar unha sintomatoloxía con feble alta e dores musculares, pero "encóntrase estable", segundo a Consejería de Sanidad de Castela e León

 

A Consejería de Sanidad da comunidade castelá-leonesa (SACYL) vén de recibir a confirmación dun terceiro positivo por coronavirus COVID-19 en Castela e León, desta volta no Bierzo. Trátase dun varón de 62 anos, con residencia en León, que viaxou dúas veces a Italia en febreiro por motivos de traballo, concretamente á zona de Lombardía, polo que se trata dun “caso importado”.

Segundo explican dende o SACYL, “o paciente foi ingresado na UCI do Hospital do Bierzo ao presentar unha sintomatoloxía con feble alta e dores musculares, pero encóntrase estable”.

Habilitáronse as intervenciónss asistenciais e de Saúde Pública previstas, coas correspondentes enquisas e vixilancia epidemiolóxica cos contactos e o entorno máis estreito do paciente, tal e como establecen os protocolos aprobados para o conxunto do Sistema Nacional de Saúde.

Recomendacións para evitar contaxios

Dende o Sergas en Ourense achegaban a finais de febreiro unha serie de recomendacións sobre prevención e limitación de contaxios. En liñas xeráis, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus, comúns a calquera infección respiratoria, como a gripe:

– Extremar a hixiene de mans e lavalas frecuentemente (especialmente despois de tusir ou soarse)
– Cubrir nariz e boca cun pano (preferentemente desbotable) ao tusir ou esbirrar ou, se non se dispón de pano, cubrirse coa cara interna do cóbado.
– Evitar tocarse os ollos, a nariz e a boca coas mans.
– Manterse alonxado, entre un ou dous metros, das persoas con síntomas respiratorios, como tos, esbirros, que se están soando, etc. e aplicarse a un mesmo esta norma.

 

Artigos relacionados

Back to top button