SanidadeÚltima hora

Detéctanse dous novos brotes de Covid-19 en Ourense

Ambos son no mesmo concello e un deles é de orixe familiar, sendo un dos afectados un menor

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar dous novos brotes de Covid-19 no Concello de Ourense. Un deles é de orixe familiar e afecta a un menor. Así, tamén afecta a un home e a unha muller, ambos de 72 anos. Todos eles están a seguimento a domicilio e continúa activo o seguimento dos seus contactos.

Por outra banda, o outro brote rexistra tres casos positivos, dúas mulleres de 33 e 28 anos e un home de 34. Todos e están en illamento no seu domicilio e tamén continúa activo o seguimento dos seus contactos.

 

Outros brotes na provincia

O brote do barrio ourensán de Mariñamansa rexistra dous positivos máis, segundo datos da Consellería de Sanidade. Así, afecta a dous homes de 68 e 24 anos e con eles os casos activos ascenden a 24.

Pola súa banda, o de Melón ascende a cinco casos positivos. Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, o novo caso afecta a un home de 58 anos

Así, nas residencias de Vilamarín, Arnoia e Vilar de Barrio todas as probas foron negativas no cribado preventivo de todo o persoal e residentes.

Artigos relacionados

Back to top button