OurenseÚltima hora

Deteñen a un home como presunto autor dunha tentativa de delito de roubo con intimidación en Ourense

A Policía Nacional localizouno na zona do lugar dos feitos, un local comercial

A Policía Nacional de Ourense detivo a un home de 43 anos de idade, natural de León, como presunto autor dun delito de roubo con intimidación nun local comercial da zona da ponte.

 

 

Segundo fontes policiais, os feitos sucederon arredor das 12:00 horas de onte, día 7 de xullo, cando un home oculto baixo a mascarilla e gafas de sol entrou nun local de conxelados e abalanzouse sobre a empregada poñéndolle un coitelo de grandes dimensións no costado.

O home tentou coller o diñeiro da caixa, “pero a empregada tiroulle en tres ocasións o lector do código de barras, conseguindo que o diñeiro caera ao chan e facendo desistir ao autor, que se deu á fuga”.

Os axentes de policía da Brigada de Seguridade Cidadá realizaron batidas pola zona dos feitos, identificando a un individuo e procedendo á súa detención por constar unha Búsqueda e Detención polo Xulgado de instrucción de Lugo. Así, sobre o presunto autor, recaen 8 detencións anteriores.

Artigos relacionados

Back to top button