Publicidade
ConcellosO BarcoÚltima hora

Detida unha muller por presunto roubo con intimidación no Barco

Os feitos sucedían na tarde de onte, 6 de xullo, en pleno centro da localidade

Na tarde de onte, luns 6 de xullo, tiña lugar no Barco a detención dunha muller de 40 anos como presunta autora dun delito de roubo con intimidación, segundo fontes policiais. Os feitos sucedían no inicio da Avenida Conde de Fenosa, en pleno centro da vila.

Ao parecer, a muller, procedente de Madrid, ameazou cun arma branca a unha moza de 18 anos, á que tras venderlle unha rama de romeu esixiulle máis diñeiro apoderándose dunhas moedas.

A vítima informou á Garda Civil, a cal detivo á agresora nunha zona cercana ao lugar dos feitos. Así, o caso pasou ao Xulgado nº2 do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close