OurenseÚltima hora

Detida unha persoa na Gudiña por transportar calzado deportivo de marcas presuntamente falsificadas

A detención producíase cando a Garda Civil acudía a auxilialo tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo na N-525

A primeira hora da mañá do 26 de xaneiro unha patrulla do posto da Garda Civil da Gudiña detiña a un mozo de 27 anos de nacionalidade marroquina en Feces de Abaixo (Verín) por un presunto delito contra a propiedade industrial, xa que transportaba nun turismo “un total de 52 pares de calzado deportivo de recoñecidas marcas presuntamente falsificado e unhas 200 etiquetas e chapas adhesivas dunha marca en concreto”, segundo se informa dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

A intervención producíase cando os axentes da Garda Civil acudían en auxilio do condutor e único ocupante do vehículo que sufría unha saída de vía na estrada no quilómetro 12,700 da estrada N-525. Tras ser sometido á proba de impregnación alcohólica, arroxaba un resultado de 0,72 mg/en aire espirado. O caso está en mans do Xulgado de Instrucción de Guardia de los de Verín (Ourense).

Artigos relacionados

Back to top button