ConcellosO BarcoÚltima hora

Detida unha persona como presunta autora de varios roubos no Barco

A Operación 'CALLEJERO' iniciábase no mes de abril, tras recibir denuncia dun roubo nunha vivenda do Barco de Valdeorras

 

O equipo da Policía Xudicial da Garda Civil do Barco de Valdeorras, detiña o pasado 19 de xullo a un cidadán de nacionalidade portuguesa e residente no Barco, como presunto autor de tres roubos con forza no interior de vivendas, dous roubos en establecementos hostaleiros sitos no Barco e once roubos en interiores de vehículos.

Tal como informan dende a Comandancia da Garda Civil en Ourense, a investigación comezaba xa no mes de abril tras ter constancia dunha denuncia nun domicilio do Barco. “O presunto autor aproveitaba a ausencia dos moradores en domicilios, ou o peche dos establecementos para acceder ao interior, nuns casos mediante forzamiento de fechaduras das portas de acceso, ou mediante escalo; unha vez no interior apoderábase de todos tipo de efectos: xoias, diñeiro, material informático, ferramentas… que logo vendía no mercado negro”, explican.

Tras a súa detención levábase a cabo un rexistro da súa vivenda, onde se localizan varios efectos subtraídos en roubos. Ademais, tras realizar varias investigacións, tamén se lle imputan “once roubos en interior de vehículos, que estaban estacionados en interiores de garaxes”.

Tralo seu paso polo Xulgado do Barco de Valdeorras, o detido quedaba en liberdade con cargos.

 

Artigos relacionados

Back to top button