En portadaÚltima hora

Detidas dúas mulleres como presuntas autoras da morte de Leticia M. Sanabria no Barco

Publicidade

 

Gardas Civís da Unidade Orgánica a Policía Xudicial da Comandancia de Ourense, no marco da Operación Horus, procederon á detención de dúas mulleres, F.A, de nacionalidade nixeriana, e A.L.V, de nacionalidade brasileira, como supostas autoras da morte de Leticia Magali Sanabria Romero, unha muller de nacionalidade paraguaia, o pasado 10 de setembro no Barco. O seu corpo aparecía sen vida nun piso do centro desta vila valdeorresa.

“Por mor do descubrimento do cadáver, e unha vez que se determinou que a morte non foi natural, a Garda Civil puxo en marcha a investigación. Durante este tempo, os investigadores analizaron minuciosamente todos os indicios, tendo que recorrer a diferentes técnicas de investigación, ata concluír que as dúas detidas son as supostas autoras do crime. A partir dese momento comezouse a estreitar o círculo sobre elas ata que, no día de hoxe, procedeuse á súa detención”, tal e como fixo público a Garda Civil nesta tarde.

As dilixencias atópanse baixo secreto. A investigación foi dirixida polo Xulgado de Instrución número 1 do Barco e pola Fiscalía Provincial de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button