ConcellosÚltima horaVerín

Detidas dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública

Foron interceptados 6,865 kg de marihuana

Publicidade
A marihuana interceptada.

 

Na madrugada do 28 de maio a Garda Civil de Verín detiña a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública; un veciño da Bañeza (León) e un veciño de Chaves (Portugal).

Os feitos tiñan lugar cando a Garda Civil se atopaba realizando un dispositivo de seguridade na nacional N-532 en Feces de Abaixo, e observa a dous vehículos parados. Cando se achegan para proceder a identificar aos ocupantes un dos vehículos emprende fuxida a gran velocidade. “Identifícase a un deles e ao outro interceptámolo a 5 quilómetros do lugar de fuxida, e tras comprobar que non levan nada estraño déixaselle seguir co seu itinerario”, explican.

Os axentes volven ao lugar onde foron observados inicialmente e realiza un rastrexo pola zona localizando unha bolsa e un bolso de deportes que contén 21 bolsas de cogollos de marihuana, cun peso de 6.865 gramos. Dende ese momento a Garda Civil monta vixilancia e observa como dúas horas despois acoden os dous identificados a recoller as bolsas. Un é detido no momento e o outro foxe correndo do lugar, sendo localizado despois no interior dun local de alterne próximo, lugar no que é detido.

Ámbolos dous son postos a disposición xudicial do Xulgado 2 de Verín que decreta a súa posta en liberdade con cargos.

Artigos relacionados

Back to top button