ConcellosÚltima hora

Detidas dúas persoas no Barco como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación

Na madrugada do día 3 de abril, un veciño do Barco era asaltado por unha parella no seu domicilio, onde despois de terlle rociado o rostro cun spray, de intimidalo e de ferilo no pescozo dunha navalla, sustraéronlle diñeiro, xoias e efectos, fuxindo a continuación, segundo informa a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Esa parella vén de ser detida agora pola Garda Civil. Nun primeiro dispositivo, resultaba detida a muller, de 19 anos, e o día 7 de abril procedíase á detención do home, de 22 anos, ao que tamén se lle imputou a autoría de tres roubos cometidos na localidade do Barco entre o 26 de febreiro e o 25 de marzo (interior de vehículo, local de ocio e establecemento comercial).

Artigos relacionados

Back to top button