ConcellosÚltima hora

Detido no Barco o presunto autor de varios roubos en explotacións mineiras

Un barquense, J.G.S. de 29 anos de idade, era detido na tarde o 2 de outubro polo Equipo da Policía Xudicial do Barco, como presunto autor de seis roubos con forza e catro hurtos cometidos entre o 10 de xaneiro e o 17 de setembro de 2014, en varias explotacións mineiras nas provincias de León e Ourense, segundo se informa dende a a OPC de Ourense da Garda Civil.

Dese total de roubos dous foron cometidos en Toral de los Vados (León), dous en Encinedo (León), un en Benuza (León), un Camponaraya (León), dous no Barco de Valdeorras, un en Vilamartín de Valdeorras e un na Rúa.

Coa detención recuperáronse dúas placas fotovoltaicas, varias baterías e diversas ferramentas. O caso está en mans do Xulgado Juzgado de Instrucción dous do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button