Na tarde deste luns 13 de setembro, a Garda Civil do Barco de Valdeorras detiña a un veciño desta localidade de 38 anos, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.
A persoa era sorprendida cando vendía haxís a un menor e a Garda Civil incautaba 25 gramos desta substancia estupefaciente e 95 euros en billetes fraccionados.
O caso pasou ao Xulgado do Barco de Valdeorras.