EconomíaEconomíaGalerías de fotosViticultura

Dez adegas veñen de promocionar os seus caldos na Feira do Viño de Monterrei

O certame, celebrado en Verín, contaba con numerosos visitantes durante os días 8, 9 e 10 de agosto

Ao longo da fin de semana do 8 ao 10 de agosto foron multitude as persoas que se achegaron á praza da Mercé de Verín para degustar os caldos participantes na IX Feira do Viño de Monterrei. Nesta edición o recinto feiral acollía a un total de dez adegas: Ladairo, Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Boo Rivero, Vía Arxéntea, Abeledos e Tabú.

Estes viños estaban ao alcance do público a uns prezos moi asequibles e similares aos das últimas edicións, é dicir, seis euros por un cataviños máis 5 degustacións, catro euros por 5 degustacións e por 6 euros podía adquirirse unha botella desta denominación de orixe ourensá.

Esta mostra vitivinícola foi organizada polo Concello de Verín e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, coa colaboración do PCT Puertas de Galicia, Eurocidade Chaves-Verín AECT e o concello de Vilardevós.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button