En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Dez comercios abriron na III Noite dos Descontos da Rúa

A iniciativa promovida por AEVA contou coa colaboración do Concello

Faroliños, globos e tamén luces de cores decoraban os dez establecementos comeciais da Rúa que participaban na III Noite dos Descontos: Deportes Aris, Confecciones Rosendo, Perfumería Compostela, Mercería Raquel, Cool Balea, Confecciones Mondelo, Okre, Fíoos, Tríos e Arnaveca Comunicación.

Con grandes rebaixas en artigos de tempada, aperitivos e música de Abertal e Pándega, celebrábase na noite do venres 26 de maio, esta edición da  iniciativa promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración cos comercios rueses e o Concello.

En maior o menor medida, os comercios participantes están contentos coa resposta do público. “Houbo xente todo o día pero pola tarde pasou moitísima máis”, asegura Amalia de Fíos. “Creamos ambiente na Rúa que é o que importa”, aseguran dende Deportes Aris.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button