ConcellosÚltima hora

Dez grupos actuarán nos VI Cantos de Taberna de Trives

Este percorrido musical polos locais de hostalaría da vila terá lugar na tarde-noite do 26 de novembro
Actuación dun dos grupos nunha edición anterior./ Foto:Carlos G. Hervella.
Actuación dun dos grupos nunha edición anterior./ Foto:Carlos G. Hervella.

Quedan apenas uns días para os VI Cantos de Taberna de Trives, que se celebrarán o 26 de novembro, pero comezan a quentarse motores. O 21 de novembro concluía o prazo de inscrición e xa se coñecen os grupos participantes desta edición, que serán un total de dez, procedentes de diferentes puntos da provincia de Ourense e tamén de Lugo:

– Rondalla Esmorga (A Pobra de Trives)
– Manzaneda Banda (Manzaneda)
– Mariachi da Taberna (A Pobra de Trives, O Barco)
– San Nordés (A Pobra de Trives)
– Os Bertolini (Manzaneda)
– As Lucecús (O Saviñao)
– Sómosche d’herbas (Castro Caldelas)
– Os Palletas (Quiroga)
– Os Relamidos (Ourense)
– As Macizas Centrais (A Pobra de Trives)

Este percorrido lúdico, musical e mesmo gastronómico polo establecementos de hostalaría da vila encetarase a partires das sete da tarde dende a céntrica praza trivesa do Pilón. Dende aí cada grupo seguirá un traxecto diferente e marcado pola organización, en mans da Asociación Cultural A Caniceira, ata completar a ducia de “tabernas festeiras”: A Cantina do Catro, Ardora, Bodegón, Boliche, Cafeto, Casanova, Paiño, San Martín, Manolo’s, Quintela, Sky e Troula.

Artigos relacionados

Back to top button