EconomíaEconomíaÚltima hora

Dez locais de hostalaría do Barco colaboran na campaña de Cruz Vermella ‘Aquí gañamos tod+s’

Acollen unha acción de sensibilización que chega aos seus clientes a través de vasos de papel reciclado coa imaxe e lema da campaña

 

En Cruz Vermella entenden a inserción laboral “desde unha abordaxe integral na que as empresas e a sociedade xogan un papel fundamental”. De feito, a finalidade do seu Plan de Emprego é mellorar a empregabilidade das persoas con máis dificultades e tamén loitar contras as barreiras sociais que se atopan no seu camiño cara ao emprego e promover a igualdade de oportunidades.

Neste sentido, un dos seus obxectivos é “xerar alianzas coas empresas, de tal maneira que xunto a elas poidamos proporcionar oportunidades laborais ás persoas máis vulnerables e afastadas do mercado laboral. Traballamos con mulleres con baixa cualificación e en desemprego, mozos con baixa ou nula formación, persoas desempregadas de longa duración, persoas con máis de 45 anos ou persoas migrantes e refuxiadas”, explican, para presentar a súa nova campaña, ‘Aquí gañamos tod+s’.

As empresas gañan traballadores motivados e preparados para formar parte dos seus equipos e persoais, Cruz Vermella gana o apoio de empresas colaboradoras e comprometidas e gaña a satisfacción de ver que máis persoas fórmanse indo da man das empresas e logran un emprego e, o máis importante, os participantes gañan unha oportunidade para demostrar o seu talento e capacidades e, en moitas ocasións, esta oportunidade supón un cambio significativo nas súas vidas e nas das súas familias.

 

 

A campaña está dirixida principalmente ás empresas galegas pero tamén á poboación en xeral, porque todas e todos podemos contribuír a que haxa igualdade de trato no emprego. As empresas son as que ofrecen oportunidades de acceso ao mercado laboral para as persoas coas que traballa a Organización e constitúen un socio fundamental para o Plan de Emprego.

Esta semana a hostalaría do Barco de Valdeorras acolle unha acción de sensibilización que chega aos seus clientes a través de vasos de papel reciclado coa imaxe e lema da campaña. Ademais, difundiranse mensaxes sobre a importancia de sumar esforzos, fomentar a igualdade de oportunidades e evitar situacións de discriminación. Nesta ocasión Cruz Vermella conta coa colaboración de: Café Teatro Baixo 5, Bar San Roque, Casa Galaica, La Maltería, Panadería Santigoso, Churrería La General, Restaurante Piquiño, Cervecería 13/14, Café-Bar Lisboa e a cafetería do Hospital Público de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button