SanidadeÚltima hora

Dez novos profesionais reforzarán a Atención Primaria en centros de saúde da provincia dende a semana que vén

Dúas novas fisioterapeutas permitirán ampliar as consultas e tratamentos de Fisioterapia ás tardes no Barco e Carballiño, entre outras incorporacións

Exterior do Centro de Saúde do Barco.

 

A semana que vén, incorporaranse á Atención Primaria de Ourense, para reforzar os seus Centros de Saúde, dez novos profesionais sanitarios, que contribuirán, nesta fase, a impulsar a campaña de vacinación e loita contra a pandemia, e a ampliar a súa carteira de servizos, desde a atención á muller; á fisioterapia de tarde, a atención aos pacientes crónicos, a atención comunitaria e un longo etcétera, tal e como vén de anunciar a Consellería de Sanidade.

A maioría dos novos profesionais que se incorporan a estas prazas de nova creación, ao abeiro do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, son persoal sanitario, sete de enfermería, dous de fisioterapia, dous facultativos de farmacia de atención primaria e un traballador social. Con eles, xa son trinta os novos profesionais que se incorporaron aos centros de saúde de PAC de Ourense, nos dous últimos anos, dacordo co compromiso de aumento de persoal deste plan.

A incorporación dos novos farmacéuticos de Atención Primaria permitirá reforzar este servizo a nivel da Área Sanitaria e ofrecer atención farmacéutica aos centros de saúde de Pobra de Trives, Viana do Bolo e Castro Caldelas. A atención farmacéutica ofrece, en coordinación co médico e a enfermeira, consello sanitario, seguemento farmacoterapéutico e atención personalizada aos pacientes.

Con elo, accederán a servizos como a homologación sanitaria de receitas; de pacientes polimedicados, esencial para o seguemento dos pacientes crónicos; de conciliación ao alta hospitalaria e atención farmacéutica a residencias socio-sanitarias, posibilitando a súa extensión.

Coas novas prazas xa son trece os farmacéuticos de Atención Primaria na nosa área sanitaria. Cinco vencellados aos centros de saúde de Ourense e A Valenzá, e seis mais no Barco de Valdeorras, A Valenzá, O Carballiño, Celanova-Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia-Allariz e Verín.

Igualmente, grazas aos dous novos fisioterapeutas adscritos aos Centros de Saúde de O Barco de Valdeorras e O Carballiño ambos concellos ampliarán o horario destas consultas e tratamentos, pasando a ter xornada completa de mañá e tarde.

 

Artigos relacionados

Back to top button