En portadaÚltima hora

Dez praias fluviais da provincia de Ourense, na rede galega sen fume

Entre elas están o Río Cenza e O Marcolongo en Vilariño, o Encoro de Prada e a Praia dos Franceses na Veiga, e o Río Edo e Caldelas en Castro Caldelas

A provincia de Ourense conta con dez praias fluvias en oito concellos na Rede Galega de praias sen fume.

Entre as dez praias que forman parte desta rede na provincia están o Río Cenza e O Marcolongo en Vilariño de Conso, o Encoro de Prada e a Praia dos Franceses na Veiga, a praia fluvial de Portoquintela en Bande, e o Río Edo e Caldelas en Castro Caldelas.

 

Área recreativa do Cenza, en Vilariño de Conso.

 

Ademais, tamén están incluídas as praias fluviais de Magros e Doade en Beariz, a praia fluvial de Valderias en Avión, o Río Cabras e Regueiro Seco en Laza, e o Parque Náutico Castrelo e o Ribeiriño en Castrelo de Miño.

Nas praias sen fume non se pode fumar na zona do areal, quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas. Así, non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento, é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de ocio, e polo tanto o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal conseguindo así a participación activa da sociedade.

Artigos relacionados

Back to top button