DeportesÚltima hora

Dezaseis equipos, entre eles o Adas, no galego de clubs nas pistas ourensás de Monterrei

 

A partir das 10.30 horas do vindeiro sábado as pistas ourensás de Monterrei acollerán o Campionato Xunta de Galicia de Clubs que se achega a súa trixésimo terceira edición. Entre os equipos participantes estará o feminino do Club Adas Cupa do Barco.

“Esta cita pasa por ser unha das máis atractivas de todas cantas se disputan no calendario oficial autonómico, xa que o seu formato de competición de un só atleta por club en cada proba, fai que a emoción esté garantida ata practicamente ata o final”, destacan dende a Federación Galega de Atletismo.

Neste total de trinta e dúas edicións disputadas do campionato, tan só cinco clubs foron quen de facerse con alguna edición destacando os catorce títulos do Ria Ferrol na categoría femenina e os trece do Real Club Celta na masculina. A maiores acompañan ás ferrolás o Atletismo Femenino Celta con oito títulos, Sociedad Gimnástica con catro, CUA de Santiago con tres e Ourense Atletismo con dúas

No tocante ós homes o CUA Santiago con oito títulos, Sociedad Gimástica de Pontevedra con sete e Ourense Atletismo con catro seguen o ronsel dos vigueses no histórico de títulos.

 

 

Posta a punto dos equipos

Con esta interesante cita da comezo de maneira oficial a tempada dos encontros de liga, na que a Sociedad Gimnástica e o Ría Ferrol loitarán un ano máis pola súa permanencia na máxima categoría do atletismo español. Así mesmo, e sen esquecernos da Primeira División, serán o Celta en homes e a Gimnástica de Pontevedra e Atletismo Femenino Celta en mulleres quenes intentarán primeiro afianzar e despois loitar por un ascenso que colocaría a máis de dous equipos galegos na éltite nacional.

Equipos femininos participantes: Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica, Atletismo Femenino Celta, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, ADAS Cupa, C.A.Narón e C.A.Sada.

Equipos Masculinos: Sociedad Gimnástica, Real Club Celta, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, C.A.Narón, Marineda Atlético, C.A.Sada e C.A.Santiago.

Artigos relacionados

Back to top button