ConcellosÚltima hora

“Dhogs”, cinema galego no Barco da man do seu director polas Letras Galegas

Andrés Goteira, director do filme, estará presente na proxección prevista para as 18h. deste xoves 17 de maio
Imaxe do filme.

Unha muller toma unha última copa nun luxoso hotel, mentres un estraño personaxe conduce un taxi pola cidade. Así comeza o relato de “Dhogs”,  opera prima de Andrés Goteira. Este director lucense estará na tarde do 17 de maio no Teatro Lauro Olmo para presentar este filme, da produtora galega Gaitafilmes e que conta cun elenco formado por destacados nomes do audiovisual galego como Antonio Durán ‘Morris’, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas.

A presentación da película está prevista para as 18h. e, tras a proxección, haberá un coloquio. A entrada será de balde ata completar aforo. Ademais a longametraxe volverá a proxectarse o domingo 20 de maio ás 19:30h. da man do Cine Club Groucho Marx

Artigos relacionados

Back to top button