CulturaEducación

Día da biblioteca na Fundación Vicente Risco

Actos en Allariz e Xunqueira de Ambía os días 24 e 25 de outubro

BIBLIO600

Para conmemorar o Día Internacinal da Biblioteca, a Fundación Vicente Risco organiza unha serie de actividades dirixidas aos escolares, nos centros escolares de Allariz e Xunqueira de Ambía, e ao público en xeral, na Casa da Cultura de Allariz e o centro da Fundación.

O programa abrirase o 24 de outubro no CEIP Padre Feijoo de Allariz, cun obradoiro de lectura de “A velliña vella” para os alumnos de 6º de Primaria (9:30h.), e a representación de “Antía, Wanba e o regato pequeno”, na Casa da Cultura (12h.) para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria.

Para os alumnos do IES Allariz, haberá un obradoiro de lectura “Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros” (12:30h. – 14:10h.), dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Ao longo da mañá, o alumnado de 4º da ESO na hora de Lingua e Literatura Galega visionarán na aula o filme da obra anteriormente citada. Os alumnos de 3º da ESO do IES Allariz visitarán a Fundación Vicente Risco ao longo da mañá.

O alumnado do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, tamén participará do programa e ao longo da mañá visionarán a versión animada do filme “O bosque animado” (Ángel Cruz e Manolo Gómez), mentres que en torno ás 15h. participarán no bradoiro de lectura de “O lobo da xente”.

Xa en horario non lectivo, ás 18h. na Casa da Cultura de Allariz proxectarase a versión animada do filme “O bosque animado”, con entrada libre. Á 20h. a Fundación Vicente Risco acollerá unha tertulia sobre “A biblioteca escolar como biblioteca de barrio”.

O programación completarase o 25 de outubro pola tarde cun roteiro poético pola vila de Allaríz.

Artigos relacionados

Back to top button