CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

“Día da Mascota” no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco

Os alumnos de 1º de Primaria amosaron as súas mascotas explicando os detalles máis característicos de cada unha

Despois da carreira/ andaina solidaria organizada polos alumnos de 4º e 5º; e da exposición sobre o Universo dos de 3º, agora tocoulle o turno aos de Primeiro de Primaria.

Na tarde do 11 de maio, as familias dos pequenos levaban ao pavillón do Condesa de Fenosa en torno a 20 mascotas. Unhas moi correntes como peixes, tartarugas, gatos, cans, cobaias, paxaros ou hámsters; e outras menos, como caracois ou cabras. A exposición foi o colofón ao proxecto “Teño un amig@ na casa” que xirou en torno ás características, coidados e curiosidades das mascotas, e por ela pasou todo o alumnado do centro, exercendo os de Primeiro como mestres, explicando os detalles máis característicos de cada un destes animais, poiándose en paneis explicativos elaborados por eles mesmos.

Coa celebración do “Día da Mascota”, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras poñía o broche ao Proxecto PITEAS no que estivo involucrado todo o centro.

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button