ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Día da Muller, en Verín

A praza do Concello de Verín era o escenario da concentración que se celebraba ás 12h. do 8 de marzo con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Este era un dos actos programados con motivo desta data neste municipio ourensán.

A cor violeta, fotos ilustres de mulleres galegas, flores “sempre vivas” e música feminista amenizaban o inicio da manifestación. A voz da mocidade, alumnado do IES Taboada Chivite rompeu o silencio, con unha mensaxe emotiva pero contundente. O evento deu paso a unha unha muller voluntaria, que leu o manifesto que o CIM xunto a Femuro (Asociación de Mulleres Rurais) elaboraron tendo en conta as voces de mulleres que cada día acoden ós seus servizos. Pero, sen lugar a dúbidas o momento máis emotivo foi cando ó final, unha muller empoderada supervivente da violencia de xénero decidiu defender ó resto de mulleres que sofren violencia á través da súa experiencia persoal.

O CIM, xunto con outras entidades sociais, agradecen a enorme participación no acto central do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Un manifesto cheo de reivindicación transmite a necesidade da comarca por continuar defendendo o camiño cara a igualdade.

Dende o CIM levaranse a cabo outras actividades para promocionar a igualdade nos próximos días en diferentes ámbitos, no educativo con un taller sobre a”Historia do Feminismo” destinado a alumnado de bacharelato e un taller aberto sobre “Contratación responsable”, que se levará a cabo o luns 12 de marzo ás 20:30h nas instalacións de AEVER.

Fotos da galería: Concello de Verín.
As outras dúas, cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button