Galerías de fotosÚltima hora

Día de caza para a Peña Campelo de Petín

A cuadrilla está formada por unha trintena de membros de diferentes idades
Membros da Peña Campelo de Petín cos xabaríns abatidos.

A tempada regular de caza remataba en Galicia a comezos de xaneiro, pero o xabarín é unha das excepcións podendo cazarse, en terreos de réxime cinexético especial, ata o 3 de febreiro de 2019, nas modalidades de batida, montaría e espera.

Trátase dunha especie moi abundante especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, onde ocasionan danos nos cultivos e tamén nas estradas, e son moitas as peñas e cuadrillas que se dedican case exclusivamente á súa caza. É o caso da Peña Campelo do concello de Petín (por erro, no número de xaneiro de O Sil Deportivo pon que é do Bolo) que un dos domingos do mes de decembro, volvía para casa con varios exemplares, algún de máis de cen quilos.

Artigos relacionados

Back to top button