CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Día de Entroido no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Alumnos e profesores compartían unha xornada festiva na que a temática dos disfraces era a música

Con moito colorido, ritmo, sol e ata merenda celebraban a chegada do Entroido na mañá do 1 de marzo os alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco. A temática escollida nesta ocasión para disfrazarse era a da música, se ben dentro dela cada clase escollía unha opción diferente: Salseiros/as (Educación Infantil), Anos 50’s – Grease (1º e 2º), Hippies (3º e 4º) e Rockeiros/as Heavies (5º e 6º).

Ademais, como en anos anteriores, tamén se organizou un concurso de carteis de Entroido, sesión de fotos, desfile e gran baile fin de festa con moita animación. Dende o centro agradécese a súa colaboración ás familias e, de xeito especial á ANPA Aturuxo do Julio Gurriarán, “que como sempre prepararon o rico chocolate para acompañar os doces caseiros que trouxeron os nen@s”.

Ademais desta xornada de Entroido, a ANPA do Julio Gurriarán ten previsto participar coa súa comparsa nos desfiles de Rubiá e O Barco.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button