ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Día de feira en Trives

 

Trives desfrutaba da mañá deste 1 de xullo dunha nova feira, despois de que a celebración destes mercados se retomase o pasado 15 de xuño. Neste ocasión, incrementábanse os postos e tamén o aforo, mantendo en todo momento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias, entre elas ao uso obrigatorio de mascarillas.

Así as persoas que visitaban a feira podían mercar diversos produtos agroalimentarios (entre eles froita e embutidos), prendas de vestir e mesmo flores. Tampouco faltaba o pulpo.

Para velar polo cumprimento das medidas de seguridade contábase coa Policía Local, Protección Civil e persoal do Concello de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close