ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Día de festa na residencia de Valdegodos, Vilamartín

O centro da terceira idade celebrou a súa patroa, a Virxe dos Milagres, cun gran xantar

Un ano máis a Residencia da Nosa Señora dos Milagres que a Fundación Valdegodos ten na rúa Manuel Pérez Barreiro, en Vilamartín de Valdeorras, celebraba o 8 de setembro a festa na honra á patroa.

Alí, residentes, familiares, convidados e persoal disfrutaban dunha xornada de convivencia na que non faltaron cultos relixiosos como a procesión e posterior eucaristía, nin o xantar de festa que compartiron todos xuntos con manxares como marisco, peixe, carne, postres, café e cava. Coma sempre cada residente contaba cos seus propios convidados, ubicados nas súas respectivas mesas.

Ademais da festividade da patroa, con esta festa o centro para maiores inauguraba o novo comedor ubicado no primeiro andar, unha das obras de reforma que se están levando a cabo no edificio. Esta mellora forma parte dunha primeira fase da remodelación que se completará no futuro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button