Os máis pequenos de Parada de Sil desfrutaban o 30 de outubro dunha divertida e animada xornada de Halloween, á que tamén se sumaban os establecementos de hostalaría (nas imaxes Tapería Mercedes e O Balcón da Ribeira) cunha decoración acorde coa data.
Así os rapaces percorrían as rúas de Parada de Sil visitando á veciñanza e recollendo doces para a merenda. Tras o paseo merendaba e bailaban na Praza do Curtiñeiro, repartíndose os doces entre todos.
Dende o Concello de Parada de Sil, o seu alcalde, Aquilino Domínguez, amosaba o seu agradecemento a Leticia pola organización da actividade para os nenos, incluíndo o baile.
Fotos cedidas.