CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Día de plantación no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Os alumnos de Infantil plantaron sementes e os de 6º de Primaria, un carballo

A Semana da Natureza do Barco e o Día da Árbore e da Auga. Son as dúas actividades que na mañá do 7 de abril celebraban os alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras.

Primeiro, eran os máis pequenos os que plantaban sementes, unha das actividades incluídas no programa medioambiental do Concello, que tamén inclúe proxeccións cinematográficas e os tradicionais concursos de debuxo, redacción e video. Despois tocaríalle o turno aos alumnos de 6º de Primaria que eran os encargados de plantar un carballo na zona posterior do patio. Con este acto completaban o programa “Semana Escolar da Árbore e da Auga” da Deputación de Ourense no que participaban, traballando en clase a unidade didáctica “Dona Pinga e Don Carballo fan amizade”.

Ademais da participación na Semana da Natureza e en canto programa medioambiental se convoca, no CEIP Julio Gurriarán levan anos traballando no proxecto “As árbores de ribeira” da man da profesora Raquel Parra, con diferentes actividades como a elaboración de paneis informativos sobre as especie de árbores e animais que viven á beira do río Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button