ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Día de Trives e da Veiga en Xantar

A xornada do sábado día 3 de febreiro estivo dedicada en Xantar a estes dous concellos do oriente ourensán

No decurso do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se está a celebrar nestes días en Expourense, a xornada do sábado 3 de febreiro estivo dedicada aos concellos ourensáns de A Pobra de Trives e de A Veiga. Os actos contaban coa presenza dos seus alcaldes, Domingo Diéguez e Juan Anta, respectivamente.

No caso de Trives, desenvolvíanse diversas degustacións de produtos como é o caso da deliciosa bica e de viños da zona, e tamén tiña lugar unha actuación de música tradicional da man do grupo trivés As Macizas Centrais. No expositor do Concello da Veiga tamén se ofrecían degustacións de mel.

Esta cuarta xornada de Xantar dedicábase ademais ás Cámaras Municipais das localidades lusas de Aveiro, Esposende e Felgueiras, ás provincias de A Coruña e Zamora e á Fundación de Amigos de Galicia.

Fotos cedidas por Xantar.

Artigos relacionados

Back to top button