DeportesÚltima hora

Día do club de fútbol en Calabagueiros

O C.D. Barco mantén a vantaxe sobre o segundo clasificado, o Portonovo, trala última vitoria

Moito tempo levaba o Centro de Deportes Barco sen liderar en solitario e durante boa parte da tempada a clasificación na liga preferente. Por iso cada quince días, o campo de fútbol de Calabagueiros convértese nunha auténtica festa. A festa na que a afección enche as bancadas animando ao equipo que ten, cada vez máis cerca, o ascenso a terceira división.

A última festa tiña lugar na tarde do domingo 19 de abril, na que ademais celebrábase o Día do Club e na que os rapaces de Javi Rey demostraron porque seguen en cabeza, vencendo ao segundo clasificado, o Portonovo (do que os separan xa 4 puntos) por 1 gol a 0.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button