CulturaCulturaMúsicaOurenseSen categorizar

Día Europeo da Música no CMUS de Ourense

O Conservatorio organiza un concerto interdisciplinar para o 20 de xuño
Actuación da orquestra do Conservatorio de Ourense./ Foto: CMUS de Ourense.
Actuación da orquestra do Conservatorio de Ourense./ Foto: CMUS de Ourense.

Con motivo do Día Europeo da Música que se conmemora o 21 de xuño, o CMUS de Ourense está preparando un concerto interdisciplinar no que participarán alumnos e profesores do centro. A cita será o vindeiro venres 20 de xuño a partires das 19h. no Auditorio del Conservatorio de Música de Ourense.

O repertorio para a ocasión será moi variado: José Gabriel Nóvoa (frauta), Alicia Alcayna (clave) e Celia Adrián (continuo) interpretarán “Sonata en Mi menor” de J. S. Bach; do mesmo autor é o “Preludio y fuga nº 2” que interpretará Guillermo Brañas ao acordeón; Sara Fernández tocará ao piano “Toccata” de A. Khachaturian, e Noelia González “Berceuse” de K. Olczak ao acordeón.

O resto de actuacións serán duetos: Xiana González (acordeón) e J. Mª. Domínguez (violín) interpretarán “La Noyée” de Y. Tiersen; Samuel González e Andrea Siota tocarán ao acordeón a obra “Concertino” de R. Bui; Sara Fernández (piano) e Javier Carbajal (contrabaixo) interpretarán “Chanson Triste” de S. Joussevizky; Nerea (vibráfono) e Guillermo Brañas (acordeón), “Alex Funky” de K. Zgraja; Nicolás Fernández e Celia Adrián “Enredos (estreno absoluto) de M. García-Mendoza; Finalmente J. Gabriel Nóvoa á frauta), Rocío Mosquera ao acordeón, Sara Fernández ao piano e Javier Carbajal ao contrabaixo, interpretarán “Primavera Porteña” de A. Piazzolla.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button