ConcellosÚltima hora

Día grande da Octava do Corpus en Viloira

Unha semana despois do Corpus Christi, a parroquia de Viloira no Barco de Valdeorras acollía os actos da Octava do Corpus. No mediodía do domingo 10 de xuño, día grande da festa, tiña lugar a eucaristía e a posterior procesión sacramental polas rúas da localidade. Nela participaban os nenos que uns días antes recibían Primeira Comuñón. Por vez primeira nesta procesión unha muller participaba levando o palio. Durante este percorrido relixioso soaba a música do grupo de gaitas Celtas Largos.

Na xornada deste domingo a música correrá por conta da orquestra Saudade que amenezará a sesión vermú (despois da procesión), a sesión de tarde e tamén a verbena ata altas horas da madrugada. A fin de semana remata aí, pero non as festas que continuará de cara ao luns día 11 con máis actuacións musicais.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button