ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Día grande das Festas da Virxe das Neves, en Manzaneda

A procesión estivo acompañada pola charanga Fuego e o baile de tarde e verbena estará amenizado pola orquestra Ledicia

A paellada e Festa Ibicenca celebradas o venres, abrían as festas patronais de Manzaneda na honra á Virxe das Neves. Unha fin de semana cargada de actividades para todas as idades (deporte, música, cultos,…).

O día grande é hoxe, domingo 5 de agosto, e o acto central tiña lugar pola mañá. En torno ás 13h. saía a proceisón coa imaxe da Virxe, percorrendo as rúas do pobo co acompañamento musical da charanga Fuego. E xa pola tarde, terán lugar as finais do torneo de fútbol sala no pavillón e a actuación da orquestra Ledicia que porá o broche musical á noite e á verbena. Baixará asó o pano desta edición das festas organizadas, por terceiro ano consecutivo, por cinco mozos que levan tamén o equipo de fútbol sala (Sporting Manzaneda).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button