A RúaConcellosÚltima hora

Día se San Andrés en Fontei (A Rúa)

 

O 30 de novembro, día de San Andrés, segue sendo unha data sinalada para o municipio da Rúa. É unha das festas máis antigas do concello e tamén o día en que se celebraba unha das mellores feiras do gando da comarca. Co tempo, a celebración foise perdendo pero mantense a misa na igrexa de Fontei, así como unha das principais feiras da vila.

 

 

O ano pasado a pandemia impediu estos festexos pero este ano recuperábase e na mañá deste deste 30 de novembro celebrábase unha misa na honra do Santo así como a feira polas rúas de Fontei, mantendo as medidas sanitarias anticovid vixentes.

 

 

Fotos de San Andrés, cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button