En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Días de feira en Valdeorras

Cada día 7, Fontei énchese de xente que vende e merca no mercadiño

O 6 en Viloira (O Barco de Valdeorras), o 7 na Rúa, e así ao longo do mes vanse celebrando os días de feira na comarca de Valdeorras.

Atraídas polo bo tempo, as persosas aproveitan ese día para atopar o mellor prezo, en todo tipo de artigos especialmente do sector téxtil (moda, complementos, calzado,…) pero tamén do agrario, con plantas para a horta, flores, apeiros de labranza e ata mobles. Con todo, os postos que a xente máis visita son os de alimentación, tanto de froita fresca, como de legumes, pan, queixo, embutidos e ata produtos salgados, sen esquecer os postos de polbo á feira, cada vez máis numerosos, que se sitúan ás portas dos bares por todo a vila.

No Barco os vendedores colócanse polas diferentes rúas e praza de Viloira. No caso da Rúa fano pola zona de Fontei.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button