ConcellosÚltima hora

Díaz Mouteira reúnese cos alcaldes de Arnoia e Leiro para falar das necesidades dos concellos

Esta rolda de encontros está dentro dos plans da delegada territorial da Xunta en Ourense propuxo tras a súa toma de posesión
Marisol Díaz con Rodrigo Aparicio Santamaría. 

A rolda de contactos cos diferentes alcaldes da provincia é un dos plans que que se propuxo a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, tras xurar o seu cargo . Hoxe acudiu até Arnoia e Leiro para reunirse cos seus respectivos alcaldes. Dende o gabinete da Delegada resaltan que o obxectivo destes encontros é “coñecer de primeira man as necesidades dos concellos da provincia, así como analizar os proxectos que pode desenvolver o Goberno galego neles”.

Rodrigo Aparico Santamaría, alcalde de Arnoia, foi o primeiro en recibir a Díaz Mouteira. A máxima representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle ao rexedor deste municipio da comarca do Ribeiro “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar a súa calidade de vida.

O segundo concello na lista de visitas da delegada da Xunta foi Leiro, onde mantivo unha xuntanza co seu alcalde, Francisco José Fernández Pérez. Ambos os dous políticos falaron de futuras actuacións a facer no termo municipal e Díaz Mouteira aseguroulle a Francisco José Fernández Pérez que lle ía brindar toda a colaboración da administración autonómica “coa fin de lograr o progreso e benestar deste municipio”.

Marisol Díaz canda o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez. 

Artigos relacionados

Back to top button