DeportesÚltima hora

Diego Seco, terceiro en Máster 50 na Pilgrim Race

Esta proba de BTT completaba a súa sexta e última etapa o 6 de xullo en Santiago

Dende Madrid ata Santiago de Compostela. Era o percorrido que ao longo de seis etapas realizaban os participantes na Pilgrim Race, unha carreira de mountain bike que seguía, entre outras rutas, o Camiño de Inverno e que pasaba por Valdeorras.

A competición, na que participaban os valdeorreses Diego Seco e José López, finalizaba ao rematar a cuarta etapa en Sahagún. Sen embargo, a proba continuaba con dúas etapas máis, sendo a última a de Chantada-Santiago, que se completaba o sábado 6 de xullo. Ademais facíanse entrega dos trofeos desta edición. Nela, Diego Seco era terceiro en Máster 50.

Fotos cedidas.

 

 

Diego Seco, primeiro pola esquerda, recollendo o seu trofeo.

Artigos relacionados

Back to top button